O vindeiro domingo, 5 de novembro, achégate connosco ao abraiante mundo dos mamíferos mariños. Comentaremos as principais características e adaptacións deste diverso grupo faunístico, falaremos das especies máis habituais nas nosas costas e coñeceremos o traballo desenvolvido pola Rede de Varamentos de Galicia, encabezada pol@s compañeir@s da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), e na que dende o G.N.Hábitat mantemos unha colaboración activa. 

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar ás 11:30h no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-), contará cunha duración aproximada de 1,5 horas e está dirixida especialmente para o público de máis de 10 anos (podendo acudir igualmente persoas de calquera idade). Para a asistencia e participación presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!