O vindeiro mércores, 14 de agosto, achégate á Noite no Castelo! A iniciativa, promovida polo Concello de Vimianzo, acollerá dúas conferencias que terán a noite e a escuridade como eixe condutor. Da man dos compañeiros da Agrupación Astronómina Coruñaesa Ío, cos que xa temos realizado accións conxuntas no pasado, falaremos de ceo, estrelas, fauna nocturna e moito máis… Unha estupenda xornada que non te podes perder.
- Onde: Castelo de Vimianzo (ver localización no mapa).
- Cando: mercores 14 de agosto, ás 23h.
- Máis información: entrada libre. Concello de Vimianzo: 981716001 / turismo@vimianzo.gal / vimianzo.gal/turismo.
Agardámosche!

Leave A Comment