Comprácenos anunciar a organización do III Encontro Bienal de Aneladores, iniciativa que xorde no pasado ano 2015 con motivo da conmemoración do 50 aniversario da visita realizada por Christopher Mead e o equipo de aneladores da BTO ao val de Lemos, en setembro do 1965.

Nesta ocasión, o Encontro conta co Grupo de anillamiento Hércules e a colaboración do Grupo de Anelamento Anduriña e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).


PROGRAMA:

Venres 6 de setembro

  • 19:00/21:00h. Acondicionamento da zona de anelamento.
  • 21:30h. Cea confraternización.

Sábado 7 de setembro

  • 7:30/21:00h. Sesión de anelamento, con xantar campestre.
  • 21:30h. Cea confraternización.

Domingo 8 de setembro

  • 7:30/12:30h. Sesión de anelamento.
  • 12:30h. Clausura do III Encontro.

O aloxamento e as comidas dos asistentes non estarán xestionadas pola organización. Así e todo, aconséllase aos participantes poñerse en contacto coa Pensión-Restaurante Vilaboa, localizada nas proximidades á zona de traballo, con servizos dispoñibles para cubrir ambas necesidades.

Xornadas son de participación exclusiva para socios e colaboradores das entidades implicadas. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Localización e puntos de interese do III Encontro Bienal no seguinte mapa:

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da maratón, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar das actividades.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!