Da man das concelleiras de Medio Ambiente, Esther Fontán, e Turismo, Diana Cabanas, e acompañados polo coordinador interino da Torre de Hércules, compañeiros do G.N.Hábitat puxeron punto e final á exposición “O patrimonio natural da contorna da Torre de Hércules”, desenvolvida con motivo da conmemoración do X aniversario do emblemático faro na Listaxe do Patrimonio Mundial, e que tivo por obxectivo resaltar a rica diversidade biolóxica que envolve de cor e vida este símbolo da nosa cidade, cuxo coñecemento é a base para lograr o seu adecuado estado de conservación. Unha fermosa iniciativa da que agardamos teñan gozado neste tempo todos os visitantes da Torre de Hércules, cuxa contorna contínua o seu camiño para verse recoñecida como Espazo Natural de Interese Local.

Máis información sobre a exposición na seguinte ligazón: acceso á noticia.

Imaxe © Turismo de A Coruña