Comprácenos anunciar que, baixo este lema, o Grupo Naturalista Hábitat desenvolverá actividades divulgativas (charlas sobre océanos, fauna e flora mariñas; e saídas de campo) abertas á cidadanía nos concellos de Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada ata xuño do 2025.
Este proxecto é posible grazas ao financiamento do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur a través de fondos da Unión Europea e a Consellería do Mar.
O obxectivo é educar e concienciar sobre a importancia dos ecosistemas mariños, a súa biodiversidade, conservación e os impactos humanos neles, atendendo ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) nº 14 Vida Submariña, que procura conservar e utilizar de xeito sostible os océanos, mares e recursos mariños.
As primeiras actividade terán lugar este outono. Proximamente anunciarémolas nas nosas canles habituais.
Permanecede atent@s!

Leave A Comment