Prezados/as compañeiros/as

Ante a declaración do Estado de Alarma en todo o territorio nacional, e a situación de emerxencia sanitaria activada na Comunidade Autónoma de Galicia a consecuencia do virus COVID-19, dende o G.N.Hábitat informamos da suspensión temporal, ata novo aviso, de todas as nosas iniciativas ambientais de caracter público ou que tiveran por obxectivo a reunión de grupos de xente, nun exercicio de coherencia e responsabilidade social co gallo de minimizar as probabilidades da súa propagación, e seguindo as informacións das autoridades e profesionais sanitarios.

No tempo que se prolongue esta situación excepcional o local social da nosa entidade permanecerá pechado ao público, pero seguiremos pendentes para calquera cuestión na nosa conta oficial habitat@gnhabitat.org ou no teléfono 981 135 014. Polo tanto, Hábitat quédase no niño por un tempo, agardando que esta circunstancia remita o máis pronto posible. Así e todo, continuaremos traballando en labores de xestión, de cara a retomar con forza a nosa actividade cotiá en canto sexa posible.

Namentres, e co obxectivo de facervos máis entretidos estes días na casa, convidámosvos a:

  • Aproveitar para achegarvos á natureza a través da ilustración, participando no VIII Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”, que vimos de publicar co título de Natureza Viaxeira: acceso á información. Podedes debuxar nenos e maiores na casa!
  • Gozar da lectura dos diferentes volumes das nosas publicacións científicas, accesibles de balde dende a nosa web:
  • Escoitar algunhas das conferencias e charlas que levamos desenvolvido da man de multitude de expertos, ás que non puideches asistir ou que che gustaría volver a escoitar. Poderás velas de balde na nosa canle youtube: acceso aos vídeos.

Agardamos vervos pronto facendo o que máis nos gusta: compartindo con todos vós a nosa paixón pola natureza. Ata entón, grazas pola vosa comprensión.

Agora máis que nunca, Saúde e Natureza!