Dende Hábitat comprácenos comunicarvos que xa tedes a vosa disposición dous novos números do noso Boletín Científico A Mobella, son os volumes nº21 e nº22.

A Mobella nº21 segue a estrutura de anteriores publicacións da Mobella, con seccións fixas como o “Caderno de campo” que nesta ocasión contén 157 citas de 41 especies diferentes, a sección de “Divulgación” cunha temática moi diversa neste número que vai dende a entomoloxía ata a botánica, ou a sección, de nova implantación na publicación, “Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” que nesta ocasión está adicada ao gato bravo.

Descarga A Mobella nº21

 

Pola contra, a Mobella nº22 é un monográfico sobre arácnidos, un dos grupos de invertebrados máis descoñecidos de Galicia, que ademais de aportar datos diversos sobre o grupo na nosa terra, tamén nos da “Recomendacións aracnolóxicas” e nos presenta algúns dos blogues máis interesantes que podemos consultar para resolver dúbidas sobre estes artrópodos de oito patas.

Descarga A Mobella nº22

 

Que as gocedes!