O sábado, 7 de marzo, levouse a cabo a segunda actividade de Hábitat sen Lixo, aínda co recordo recente da experiencia en Baldaio, dúas semanas antes. Nesta ocasión traballamos en Novo Mesoiro (A Coruña) nunha zona por onde pasa o do río Mesoiro. Un ano atrás xa se fixera unha limpeza exactamente no mesmo punto, e comprobamos que por desgraza, volvía estar a contorna moi deteriorada. 

Xuntáronse nesta ocasión, 27 voluntari@s, que traballaron a un ritmo tal que tivemos que rematar a actividade antes do planificado! 

Os residuos máis comúns foron envases e botellas de plástico e tamén moitas cabichas, algo de esperar xa que está pegado ó aparacadoiro dun bar da zona. Todos estes residuos tamén chegaron ó río, de onde puidemos retirar todos os que estaban á vista gracias ós bicheiros e redes.

O máis sorprendente foi atopar no río un pneumático e no medio da vexetación un cartucho de tóner e cinco cueiros. Todo isto a uns 10 metros duns colectores de lixo. Por que os tiraron aquí? Incomprensible.

A xornada rematou cunha retirada do entorno natural de 157 Kg entre plásticos, vidro e residuos non perigosos, gracias ó esforzo de tod@s @s voluntari@s que acudiron a ofrecer o seu tempo libre na fin de semana para colaborar por un Hábitat sen lixo.

Agradecer ademais, nesta ocasión, o interese da TVG e do Correo Galego, que cubriron o evento, e que coa súa axuda conseguiremos difusión e concienciación dos galegos e galegas para coidar mellor do noso Patrimonio Natural.

Esperamos poder realizar pronto outra acción de Hábitat sen Lixo!