Continuamos ca VII promoción de Escola de Naturalistas. Este segundo bloque estará adicado a ornitoloxía, coa charla “Introdución á ornitoloxía” e a súa correspondende saída de campo.

Este bloque correrá a cargo de Santiago Vázquez (Vicepresidente do G.N. Hábitat) e Óscar Vázquez (Secretario do G.N. Hábitat), ornitólogos experimentados.

Da súa man introducirémonos no mundo das aves e as súas técnicas de estudo, aprenderemos a diferenciar e recoñecer as especies mais representativas que nos rodean, as mellores guías para iniciarse neste mundo e as diferencias e usos das distintas ópticas empregadas nesta especialidade. Ademais contarannos a súas propias vivencias, trucos, curiosidades e anécdotas, tras moitos anos adicados o seu estudo e observación.

Vémonos na Escola compañeiros!

2018-11-27T12:43:46+00:0027 Novembro 2018|0 Comments

Leave A Comment