O Grupo Naturalista Hábitat comprácese en anunciar que ven de adquirir diverso equipamento no marco do “Programa de subvencións para a cofinanciaciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o exercicio 2019 (DP0036/2019)”, establecido en réxime de concorrencia competitiva. Estes recursos, grazas á colaboración financieira da Deputación da Coruña, permitirán mellorar a capacidade de desenvolvemento das accións ambientais que leva a cabo a entidade de xeito cotiá.

O apoio da Adminitración pública ás propostas que permitan mellorar as capacidades das ONGs asúmese imprescindible, ao supoñer un factor revitalizante de cara ao denominado “Terceiro sector”. Concretamente, a Deputación da Coruña, como institución comprometida coa promoción dos diferentes ámbitos da sociedade, ten a posibilidade de favorecer na medida das súas capacidades aqueles investimentos a prol da divulgación, o estudo e a conservación do patrimonio provincial. Nesta liña, a aprobación do expediente presentado polo Grupo Naturalista Hábitat, establecido por resolución número 23.703/2019 da Deputación da Coruña (BOP nº130, de 11 de xullo do 2019), permite reflectir o compromiso desta institución co patrimonio natural. 

Saúde e natureza.

Colabora: