Con moita ilusión anunciamos a segunda edición da Escola en Familia para o ano 2025, unha iniciativa pensada para que as crianzas comecen a descubrir o mundo natural e aprendan a amalo e coidalo como facemos desde o Grupo Naturalista Hábitat.

Ofrecemos varias datas cunha variedade de temas, aínda que sempre acabamos atopando máis do que tiñamos previsto, porque, como xa sabemos, a natureza non é un espazo controlado, senón un lugar cheo de vida e sorpresas inesperadas que fan de cada saída unha experiencia diferente.

Xornadas:

As xornadas serán de mañá, salvo a de anfibios que será á tarde-noite.

    • 6 de xullo: Flora no Monte Xalo.
    •  19 de xullo: Insectos en Rábade (Lugo).
    • 27 de xullo: Intermareal (cnidarios, poríferos, crustáceos, peixes, briozoos, algas, poliquetos e moluscos) en Bastiagueiro (Oleiros).
    • 3 de agosto: Mamíferos no Encoro de Abegondo-Cecebre.
    • 30 de agosto: Anelamento de aves en Ponteceso.
    • 20 de setembro: Anfibios no río Brexa (tarde-noite).

Cota:

Todas as persoas inscritas estarán cubertas cun seguro de responsabilidade civil e de accidendes durante o desenvolvemento das accións previstas e os permisos administrativos necesarios para levar a cabo as actividades no medio natural, así mesmo disporan de todas as ferramentas necesarias para o disfrute das actividades.

O importe do curso é: 

  • 90 euros para un neno/nena de entre 6 a 12 anos e un adulto responsable (engadir un menor de 6 a 12 anos + 50 € e un adulto + 25€ (máximo 2), sempre da mesma unidade familiar). 
  • 50% de desconto para os socios familiares con 6 meses de antigüidade.

A cota da matrícula abonarase antes do inicio do curso.

Inscrición:

Se queres formar parte desta experiencia única, animámoste a enviar a túa solicitude antes das 14:00 horas do xoves, 3 de xullo de 2025, data límite de inscrición. O formulario de inscrición está dispoñible no seguinte enlace:

 

Se sentes unha profunda conexión coa natureza e queres compartirla cos máis pequenos, ¡non deixes pasar esta oportunidade única!

Agardámosche con brazos abertos para explorar xuntos o marabilloso mundo natural que nos rodea!