O vindeiro luns, da man dos nenos e nenas vinculados a Latento (expertos en Altas Capacidades), celebraremos unha nova xornada no marco da nosa iniciativa BioDiversidade, coa que pretendemos acadar unha integración e participación activa no eido ambiental, a través da colaboración con diferentes colectivos da sociedade. Agardamos poder contaxiarlles a nosa paixón pola natureza, e fomentar neles un interese polo coñecemento científico da nosa contorna.

#naturezainclusiva