Como cada ano, temos o pracer de anunciar a celebración da XI Xornada no marco da iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“. Nesta edición de 2024, a especie protagonista é unha ave moi especial das nosas costas: o corvo mariño cristado, Gulosus aristotelis (cormorán moñudo en castelán). 

Aínda que a miúdo se confunde co seu parente próximo, o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), esta especie afronta numerosas ameazas, o que fai que as súas poboacións reprodutoras estean en serio perigo. O próximo sábado, 5 de outubro de 2024, de 09:30 a 14:00 horas, convidámosvos a coñecer de preto a vida deste fascinante animal, as dificultades coas que ten que convivir e as medidas necesarias para garantir a conservación das súas poboacións.

Na xornada contaremos con persoas expertas que traballan coa especie ou estudando as ameazas que sufren as aves mariñas:

  • Sergio París Gómez: Enxeñeiro Técnico Forestal e Mestrado en Espazos Naturais Protexidos. Traballa no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e coordinador  do proxecto Aves Ártabras, traballando co corvo mariño cristado no seguimento das colonias na costa de Dexo (Oleiros).
  • David Álvarez Fernández: Doutor en Bioloxía. Universidade de Oviedo. Ademais dos seus traballos científicos, destaca pola súa labor divulgativa no blog “Naturaleza Cantábrica” e a publicación de varios libros de divulgación científica. 
  • Atocha Ramos Martínez: Bióloga e membro do Grupo Naturalista Hábitat. Universidade da Coruña. Ten experiencia con aves mariñas, especialmente relacionada coas ameazas coas que conviven.
  • María Rosario Brinquis Crespo: Física e axente medioambiental, MITECO. 
  • Paulo Lago Barreiro: Técnico do Programa Mariño, SEO/BirdLife.
  • Cosme Damián Romay Cousido: Biólogo, membro do Grupo Naturalista Hábitat. Universidade da Coruña. Ornitólogo.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro sábado, 5 de outubro do 2024, en horario de 09:30 a 14h, na Sede da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (Abegondo).

Para a asistencia á xornada é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na xornada ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

Agardámoste! Non podedes perder esta oportunidade para aprender datos súper interesantes do Corvo mariño cristado!!