Este domingo 29 de setembro dende o noso proxecto “Vixías dos nosos ríos” imos levar a cabo unha limpeza no tramo final do río Mero, no concello de Cambre. Esta actuación coincide co evento “XVII Limpeza simultánea de ríos”. Desfrutaremos dos valores naturais da contorna mentres levamos a cabo unha actuación de voluntariado ambiental na que contribuiremos a paliar unha das maiores ameazas dos nosos ríos: os verquidos de lixo.
O río Mero ten unha importancia maiúscula para a cidade da Coruña, posto que é o noso proveedor de auga potable. É por este motivo que garantir o seu bo estado ambiental en todos os seus tramos debe ser unha prioridade, xa que desta forma non solo coidamos do noso entorno, se non tamén da nosa saúde e da de miles de personas que beben estas augas.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo 29 de setembro do 2024, de 10:30h a 13:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Esta ruta encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.
Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88
Agardámoste!

Leave A Comment