O próximo sábado, 5 de outubro, a Aula do Mar en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat levarán a cabo unha xornada pola contorna do Monumento Natural Dexo-Serantes con motivo da celebración da Especie do Ano da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, o corvo mariño cristado. Daremos un paseo pola costa de Dexo, o lugar onde a especie do ano do 2024, ten unha das maiores zonas de cría de Galicia.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado 5 de outubro do 2024, de 17:30 a 19:30h

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva da praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario: 

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscripción ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura a praza na actividade ata non recibir confirmación a través do teléfono de contacto achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en Aula do mar: 981 618 154 – turismo@oleiros.org

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Agardámoste!