Prezado/a socio/a:

O próximo 26 de novembro, G.N. Hábitat cumprirá 44 anos desde a súa fundación por varios dos nosos socios, en 1980. Con todo, Hábitat xa levaba dende 1979 comprometido co estudo e a conservación dos nosos espazos naturais. Para celebrar este aniversario, gustaríanos compartir con todos vós unha xornada especial o 17 de novembro.

A xornada comezará cunha saída de campo na Ría de Ortigueira de 10:30 a 13:30 h da man do noso socio Xabier Prieto. A continuación, ás 14:00 h, reunirémonos para un xantar no restaurante “A Cabana do Fos” (Ortigueira) para celebrar esta xuntanza. Para facilitar a organización e respectar o aforo que nos indique o restaurante, agradecemos que confirmedes a vosa asistencia canto antes. O prazo para anotarse ao xantar remata o 13 de novembro.

Para calquera dúbida, non dubidedes en escribirnos. Esperamos contar coa vosa presenza nesta xornada que tanto nos ilusiona compartir convosco.

Un cordial saúdo,

A Xunta Directiva.