Este xoves, 7 de novembro do 2024, da man do alumnado e docentes do Centro Integrado de Formación Profesional (C.I.F.P.) Ánxel Casal-Monte Alto, continuaremos coas tarefas de retirada de especies invasoras no marco do noso programa Hábitat sen E.E.I. Manteremos unha vez máis o noso compromiso co Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules, onde seguiremos avanzando no proceso de recuperación ambiental que levamos a cabo na contorna dende o pasado ano 2018.

Grazas pola vosa implicación, rapaces!