O G.N. Hábitat realizará dentro do programa de actividades en conmemoración do X Aniversario da Torre de Hércules na Listaxe do Patrimonio Mundial, unha actividade nocturna para dar a coñecer as avelaíñas que voan ao redor do famoso faro romano, en colaboración co Consorcio de Turismo do Concello de A Coruña.

A xornada terá lugar o próximo venres, 28 de xuño do 2019, de 21:30 a 01:00h, e correrá a cargo de Elia Pérez e Manuel Cernadas. A actividade comezará cunha charla sobre avelaíñas no Centro de Interpretación e Atención de Visitantes da Torre de Hércules (CIAV) e logo realizarase unha mostraxe destes insectos na contorna da Torre.

A actividade é de balde e aberta ao público. Así e todo, para a participación é imprescindible a inscrición previa a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

Anímate, ven connosco e quedarás abraiado pola fermosura das nosas avelaíñas!

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014