O vindeiro xoves 9 de maio do 2019, o Concello de Carballo acollerá unha xornada técnica sobre a xestión e conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), que contará -entre outras- coa participación do G.N.Hábitat. A iniciativa, organizada polo Grupo de traballo sobre a píllara das dunas (integrado por entidades conservacionistas, Universidades, Concellos e Xunta de Galicia), reunirá a estudosos, interesados e técnicos das administracións para dar a coñecer a situación e as medidas de xestión e conservación da píllara das dunas, nas que se vén traballando nos últimos anos.

A xornada, aberta ao público e de balde, se celebrará no auditorio do Fórum Carballo e contará co seguinte programa de intervencións:

PROGRAMA:

  • 10:30 h. Presentación da xornada. Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Jesús Domínguez (USC)
  • 10:40 h. Contexto actual e problemática de conservación da Píllara nas praias de cría da Costa da Morte e Ferrolterra. María Vidal (USC)
  • 11:00 h. A conservación da Píllara das dunas dende a óptica municipal. Experiencia  do Concello  do Grove. Ánxeles Domínguez e Francisco Meis  (Concello de O Grove)
  • 11:30 h. O papel das sociedades conservacionistas na conservación da Píllara das dunas. Sociedade Española de Ornitoloxía. Encarna González e Gustavo Ferreiro (SEO-Pontevedra)
  • 11.45 h. O papel das sociedades conservacionistas na conservación da Píllara das dunas. Roberto Vidal (Grupo Naturalista Hábitat) e  representante da Asociación Ambiental Senda Nova.
  • 12:00 h. Rolda aberta de intervencións.
  • 13:30 h. Peche da xornada.

Máis información:

  • Xornada técnica sobre a Píllara das dunas (web municipal do Concello de Carballo): acceso á noticia.
  • Información sobre a Píllara das dunas (web do G.N.Hábitat): acceso á web.