O vindeiro domingo 12 de maio do 2019, entre as 17.30 e 20.00 horas, o departamento de Servizos Sociais do concello de Bergondo en colaboración co equipo de Voluntariado Social do concello e o G. N. Hábitat,  levará a cabo un obradoiro sobre observación de aves.

Dende o observatorio ornitolóxico do Pazo de Mariñan e da man do noso compañeiro Santiago Vázquez, tras moitos anos adicados ao seu estudo e observación, descubriranos os segredos que agochan as aves que viven nestas fermosas marismas, aprenderemos a identificar ás máis comúns e coñeceremos anécdotas e curiosidades ligadas a este espazo e ás aves que o habitan.

Cartel das xornadas

 

 

NOTA: informa o concello de Bergondo que as prazas xa están cubertas.