Comprácenos anunciar a celebración da VIII xornada no marco da iniciativa Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e que neste 2021 centra a súa atención nunha especie anfibia fortemente arraigada á nosa comunidade, cultura e natureza: a píntega (Salamandra salamandra). Unha xornada de conferencias coas que achegar á cidadanía, da man de expertos, un maior coñecemento e posta en valor desta singular especie, tan chea de lendas populares como de relevancia científica.

 

 

 

 

 

Imaxes © Rafa Vázquez (esquerda) e Ricardo Ferreiro (dereita)

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro sábado 4 de setembro do 2021, en horario de 09:30 a 14:30h, no Centro Social A Rúa – Biblioteca de Miño, sito na rúa Rúa, s/n (15630, Miño. A Coruña): ver localización exacta en google maps 

Para a asistencia á xornada é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na xornada ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Podes descargar o cartel co programa completo da xornada (formato .pdf) na seguinte ligazón:

 

 

Finalmente, e tamén no marco desta iniciativa (en marcha dende o pasado ano 2014), desenvólvese en cada campaña un tríptico informativo sobre a especie elixida. Proximamente poñeremos a disposición o correspondente á especie do ano 2021!

Para máis información podes visitar o espazo web dedicado ás Especies do Ano, e afondar nos protagonistas das pasadas edicións.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Agardámoste!