Esperando repetir os bos momentos compartidos cos compañeiros da pasada edición, moi especial por que entre todos, alumnos e poñentes, conseguimos sácala adiante a pesares das limitacions que nos puxo a pandemia, comezamos unha nova promoción da  Escola de Naturalistas, que xa chega ao seu noveno ano. Escola de Naturalistas é unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas que compoñen o naturalismo.

Esta edición será un tanto especial e diferente aos anos anteriores, estara formada por varias xornadas dun día completo de duración na que acompañados de varios expertos naturalistas poremos en práctica conceptos teóricos e aplicacións prácticas que a través das súas experiencias persoais achegarán a cada un dos alumnos ao seu ámbito do naturalismo.

Ao longo destes meses tanto os alumnos coma os poñentes intercambiarán coñecementos, tempo e afeccións, polo que Escola de Naturalistas chega a ser todos os anos máis ca un curso de formación, unha boa razón para que un grupo de compañeiros se reúna, aprenda e goce da natureza presente na súa contorna.

Esta primeira xornada estará centrada na fauna e flora do Encoro de Cecebre e os seus arredores.

Vémonos na Escola compañeiros!


Coa colaboración de