As praias son un fiel reflexo do que acontece mar afóra, e avaliando os elementos depositados nelas polas mareas podemos ter unha idea do estado de saúde dos nosos océanos.

Para aprender dun xeito práctico como facer este tipo de seguimento, o xoves, 22 de decembro, teremos unha xornada demostrativa na praia do Orzán (A Coruña) a cargo da bióloga e membro do G. N. Hábitat, Atocha Ramos.

A xornada establécese no marco do) proxecto Inspección de Praias da Coruña (IPC, iniciativa do Grupo Naturalista Hábitat que pretende, entre outros obxectivos,  realizar unha aproximación ao estado de saúde do medio mariño local a través da monitoraxe regular e replicable de praias.

Poderás atopar máis información sobre o IPC accedendo ao seguinte apartado da nosa web:

 

A saída, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro xoves, 22 de decembro, de 11h a 12:30h na praia de Orzán

Para a asistencia é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Agardámoste!

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014