BOLETÍN 02

Data de publicación 2020/03/08

Presentamos hoxe un novo proxecto do Grupo Naturalista Hábitat : a Inspección de Praias da Coruña (IPC). Este novo proxecto se desenvolverá (como mínimo) ao longo deste 2020. Estará coordinado por dous socios de Hábitat, biólogos e doutorandos da Universidade da Coruña: Atocha Ramos Martínez (departamento de Química) e Cosme Damián Romay Cousido (departamento de Bioloxía).

 O IPC consiste en:

  • Continuar co espírito e obxectivos do xa finalizado proxecto FAME (Future of the Atlantic Marine Environment) aplicado, neste caso, ao litoral da provincia da Coruña, se ben tamén se recollerán datos oportunistas doutras praias veciñas a esta provincia.
  • Compilar toda a información posible relativa a aves mariñas abeiradas e/ou afectadas por contaminación e enmalles na Coruña, que se detallarán en Boletíns como o presente.
  • Realizar novos estudos relacionados coas aves mariñas, que se publicarán eventualmente.
Boletín 01 – Inspección de Praias da Coruña

 

Boletín 02 – Inspección de Praias da Coruña

 

*Para imprimir ou descargar: unha vez abertos preme Ctrl+P

Os obxectivos últimos do IPC son:

  • Realizar unha aproximación ao estado de saúde do medio mariño local a través da monitoraxe regular e replicable de praias.
  • Dar unha resposta rápida a eventos como sentinazos ou verquidos ocasionais.
  • Avaliar o impacto directo ou indirectos do uso humano das praias.
  • Valorar o uso das praias por parte de aves mariñas e limícolas.

Simplemente manda un e-mail a: ipc@gnhabitat.org e mandarémosche as fichas de referencia e instruccións útiles!

Tamén podes descargalas dende as seguintes ligazóns:

Ficha IPC

 

Anímate a participar na Inspección de Praias da Coruña!