O próximo sábado, 2 de xullo do 2022, de 10 a 14h, estaremos na costa de Arteixo co voluntariado da Corporación Hijos de Rivera retirando Herba do coitelo (Carpobrotus edulis), unha especie africana que ameaza as especies autóctonas, en especial, das nosas costas.
Se estás interesado/a en participar nesta actividade, pódeste inscribir no formulario habilitado:
A xornada é de balde e aberta ao público e para participar é imprescindible a inscrición previa. As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment