O próximo martes, 28 de xuño do 2022, ás 20:30h, terá lugar unha nova actividade de “Falando de natureza”. O noso compañeiro Sergio París falaranos do Proxecto Aves Ártabras levado a cabo polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), no cal estanse a estudar as poboacións de aves do Golfo Ártabro desde o ano 2019 coa finalidade de que este espazo sexa declarada nun futuro próximo coma Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).

Sergio París é Enxeñeiro Técnico Forestal, educador ambiental e técnico de proxectos do CEIDA, levando a cabo proxectos vinculados coa conservación, divulgación e sostibilidade do medio natural, ademais de ser un gran coñecedor da nosa avifauna.  

O faladoiro será de balde e aberta ao público, tendo lugar o vindeiro martes, 28 de xuño, ás 20:30h, no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña). Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Agradécese a asistencia do público de xeito presencial, xa que teremos a oportunidade de ter en persoa connosco aos diferentes intervenientes. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro, daráse paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014