O próximo venres, 1 de xullo do 2022, teremos outro “Falando de Natureza” con Nuria Richer, coordinadora do grupo Muller e Astronomía da Agrupación Astronómica Coruñesa Io, falaranos do proxecto que están a levar a cabo co fin de incluír no rueiro municipal da Coruña unha rúa co nome da astrónoma galega Antonia Ferrín Moreiras, a primeira muller que realizou unha tese sobre Astronomía en España. Ademais, mostraranos máis mulleres referentes en Astronomía, así como as problemáticas en canto a xénero que aínda subxacen nesta disciplina hoxe en día.

O faladoiro será de balde e aberta ao público, tendo lugar o vindeiro venres, 1 de xullo, ás 20:30h, no local social do G.N.Hábitat. Para a asistencia e participación neste formato presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Agradécese a asistencia do público de xeito presencial, xa que teremos a oportunidade de ter en persoa connosco aos diferentes intervenientes. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro, os moderadores darán paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

 

Agardámoste!

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014