O sábado, 11 de outubro de 2025, coincidindo co Día Mundial das Aves Migratorias, celebraremos unha actividade divulgativa de observación de aves.

Terá lugar na ría do Burgo, un dos espazos húmidos costeiros máis relevantes da área da Coruña, fundamental como área de alimentación e repouso para milleiros de aves acuáticas cada ano, especialmente durante as súas longas viaxes migratorias. Durante a xornada percorreremos a beira da ría para descubrir a biodiversidade que alberga e coñecer ás aves que a utilizan como lugar de descanso, invernada ou paso migratorio. 

Esta actividade forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), e pola Xunta de Galicia. 

A participación é de balde e aberta a todos os públicos, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade, e contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.

Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org│981 135 014

Ven celebrar connosco o Día Mundial das Aves Migratorias!