Este sábado, 20 de maio do 2023, de 10:30 a 13:30h estaremos xunto coa Asociación de Veciños de San Antón de Dexo para unha actividade sobre Polinizadores dentro do entorno da Costa de Dexo. Plantas e polinizadores sempre van da man, polo que o sábado, Día Mundial das Abellas, falaremos delas, das bolboretas, moscas e escaravellos, que polinizan as nosas flores.

Hai poucas prazas dispoñibles!! A actividade é de balde e é imprescindible a inscrición previa na seguinte ligazón:

 

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en avv.sananton@gmail.com│677463493

Anímate e ven connosco!