As avelaíñas voan orientadas polos raios da lúa e aproveitan a noite para dispersarse, alimentarse e buscar á súa parella. As luces artificiais aseméllanse á luz da lúa e, por iso, as avelaíñas buscan en elas un lugar ideal con moitas flores e moitas posibles parellas, pero soamente é unha ilusión. Así, as avelaíñas buscan sen cesar, noite tras noite, nas luces das nosas rúas e casas, ese lugar perfecto, que nunca atopan. 

Este sábado, 20 de maio, na Torre de Hércules ás 22h, empregaremos estas luces sobre unha saba branca para atraer e amosar a gran diversidade de lepidópteros que podemos atopar polas noites e da importancia da colocación luces que produzan menos impacto á fauna nas nosas cidades. Esta actividade realizase xunto coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, no marco da cuarta edición do Encontro da Noite, unha xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, protección da noite e posta en valor da paisaxe nocturna, que se celebra o mesmo 20 de maio, na Domus.

A xornada é de balde e abertas ao público. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. O prazo de inscrición ábrese o xoves, 18 de maio, ás 10h.

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!