Un ano máis, nenos e maiores de todas as idades e procedencias veñen de achegarse á natureza a través do debuxo, colaborando novamente connoscoprueba e mostrándonos as súas capacidades artísticas, logo de participar na que xa é a cuarta entrega do noso Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre“.

Esta nova convocatoria foi bautizada co título “Parellas naturais“, xa que nel o obxectivo é mostrar como a flora e fauna silvestre, dun xeito natural e baixo o paraugas da evolución, establece diversas e espectaculares relacións de parella: simbiose, depredación, parasitismo, entre outras. Ligazóns que teñen un sentido nos nosos ecosistemas e que resulta interesante coñecer e poñer en valor para entender a natureza coma un conxunto, onde todos os seus elementos están relacionados.

Así, neste ano achegáronse un total de 131 ilustracións, dun total de 72 participantes! co seguinte reparto nas diferentes categorías:

  • 1ª Categoría (menores de 14 anos): 65 ilustracións, dun total de 51 participantes.
  • 2ª Categoría (maiores de 14 anos): 66 ilustracdións, dun total de 21 participantes.

Moitísimas grazas a todos pola vosa participación!

Continuamos agora co proceso. Nos vindeiros días o xurado fará a selección das obras gañadoras, que serán publicadas na nosa web <www.gnhabitat.org> segundo o especificado no apartado 9 das bases reguladoras…Estade atentos!

Coa colaboración de

emalcsa_logotipo