Seguimos coa aposta de Hábitat pola divulgación do patrimonio natural entre os máis novos. Desta volta, e da man novamente dos alumnos do Colexio Esclavas do Sagrado Corazón da Coruña, achegarémonos á natureza levando a cabo un obradoiro que comprenderá a elaboración de moldes de pegadas de fauna, así como o recoñecemento de especies e unha aproximación a diferentes técnicas de estudo do medio natural.

Agardamos que estas iniciativas continúen favorecendo futuras xeracións de grandes naturalistas!