O sábado 30 de marzo terá lugar a sexta xornada baixo a inciativa “Traballando pola mellora do patrimonio natural“ no 2019. Nesta ocasión, os voluntarios traballarán arreo para controlar unha especie exótica invasora, a Tradescantia fluminensis, e retirarán os residuos sólidos non perigosos da Praia da Abelleira (Paderne). Estas accións beneficiarán á biodiversidade deste espazo natural da desembocadura do río Lambre.

A actividade contará coa colaboración da Fundación Fragas do Mandeo, do Concello de Paderne e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Continuamos coa aposta pola implicación e conservación do medio natural!

Información e inscricións en rsc@abanca.com