Xa estamos listos para unha segunda acción de “Hábitat sen lixo”. Esta vez iremos ao río Mesoiro. O G.N.Hábitat xa organizou accións de limpeza neste espazo en anos anteriores, pero actualmente volta estar cheo de residuos, polo que queremos ir de novo para recollelos.

A xornada é de balde e aberta ao público e terá lugar o vindeiro sábado, 7 de marzo, de 10:30 a 13:30. Así e todo, para a participación é imprescindible a inscrición previa a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!

 

Actividade integrada no Programa de accións ambientais 2020.