A Mobella 20_portada

Logo de moito esforzo, aínda que conscientes do retraso no tempo, dende Hábitat comprácenos comunicarvos que xa está dispoñible o volume nº20 do noso Boletín de Divulgación Científico A Mobella.

A Mobella supón unha publicación que, periodicamente, editamos dende o G.N.Hábitat e  serve para divulgar estudos do medio natural galego, compartir datos de campo e comunicar as actividades realizadas no seo do Grupo. O boletín toma o seu nome dunhas aves mariñas mergulladoras (xénero Gavia), con tres especies migrantes e invernantes regulares no litoral galego.

Froito do noso interese pola divulgación científica, os volumes desta publicación póñense a disposición de todo o público interesado, sendo posible a súa libre descarga en formato pdf dende a seguinte ligazón á nosa web: Boletín A Mobella

Así mesmo, confesándonos fans das publicacións científicas en papel, que reforzan ás librarías especializadas particulares e públicas,  dende Hábitat traballamos para que, na medida das nosas posibilidades e procurando colaboracións, poidamos ter unha tirada impresa a cal achegar aos nosos socios e socias, poñer a disposición no noso local para consulta e poder compartir con outras entidades. Nesta liña, dende Hábitat queremos mostrar o noso máis sincero agradecemento á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que ven de axudarnos a facelo posible neste novo volume, podendo ter proximamente algúns exemplares impresos.

Ligazóns:

Outros datos de interese:

  • Lembrade que dende Hábitat traballamos tamén na edición da Revista Científica Chioglossa, medio de expresión científica aberto a naturalistas e investigadores, tanto profesionais como afeccionados serios, interesados na flora e fauna en xeral e, particularmente, na que vive no noroeste ibérico. Dura tarefa que ve recompensados os esforzos en cada artigo científico que se vai incorporando, enriquecendo esta fermosa publicación científica. Novamente, a nosa intención divulgativa e social fai que poñamos a disposición de todos os interesados a súa libre consulta e descarga en pdf dende a seguinte ligazón: acceso á Chioglossa. Non vola perdades!