Continuamos as tertulias ambientais no marco da nosa iniciativa “Falando de natureza”, e desta volta queremos mostrarvos un exemplo de colaboración no ámbito da sensibilización ambiental. Dita colaboración xurdiu dun novo acordo entre a Universidade da Coruña e o G.N.Hábitat, para a realización dun proxecto baixo a metodoloxía Aprendizaxe-Servizo, da man do alumnado da Facultade de Dereito. A proposta tivo como finalidade que os estudantes aprendesen os contidos da asignatura “Principios Ecónomico-Contables de la empresa” dende unha perspectiva práctica, deseñando e poñendo en marcha unha campaña que procurase visibilizar os principais problemas ambientais da contorna, e o rol do dereito neles. Así, ao longo da tertulia e da man dos seus principais protagonistas, falaremos da orixe e o desenvolvemento desta iniciativa, visualizaremos os resultados acadados e comentaremos as accións futuras que ten previsto o alumnado neste proxecto. 

A colaboración levada a cabo co G.N.Hábitat encadrouse a súa vez nunha iniciativa de maior envergadura, nomeada “Voces con dereitos“. Un proxecto universitario de aprendizaxe e servizo da Universidade da Coruña, cuxo obxectivo é ser unha ferramenta de sensibilización da realidade social da Coruña e da labor que desempeñan as diferentes institucións participantes, pertencentes a diversos ámbitos de actuación (de cooperación, voluntariado, ambiental e social). A información cercana, o espírito xove de cada proposta e o compromiso coa sustentabilidade, son os tres piares dun proxecto que procura xerar axentes de cambio que impacten na súa realidade máis próxima. A campaña conta coa colaboración de:

A actividade, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro luns 24 de xaneiro, ás 19:30h. Con motivo da situación sanitaria actual a tertulia será en formato online. Se estás interesado en participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través dos seus chats. Rematado o faladoiro os moderadores darán paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas. 

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!