En datas recentes, sabendo da proposta de intervención para o establecemento da futura estación intermodal de A Coruña – San Cristobal na cidade da Coruña (cuxo obxectivo será integrar a estación ferroviaria de alta velocidade cos demais sistemas de transporte urbano e interurbano), dende o Grupo Naturalista Hábitat enviamos un comunicado ás diferentes Administracións competentes, expoñendo a posible afección das obras nas colonias de aves alí presentes. No escrito achegado a entidade fai especial fincapé na colonia de cirrios (entre outras aves) nidificante nas instalacións presentes actualmente na área ferroviaria, e solicita se teña en conta a súa presenza, se respecten as súas figuras de protección, se atendan ás recomendacións recollidas na bibliografía científica a fin de garantir a súa conservación -programando as obras en consecuencia-, e se establezan as medidas paliativas que fosen precisas.
O traballo conxunto e informado entre os diferentes grupos de interese pode minimizar o impacto sobre o patrimonio natural das intervencións que se realizan en infraestruturas nas contornas urbanas. Infraestruturas estas que, en moitos casos, se teñen convertido en oportunidades para o establecemento dunha rica biodiversidade nas nosas cidades. Estes puntos de interese poden chegar a verse alterados, ou mesmo desaparecer, como resultado de obras de rehabilitación, acondicionamento, ou pola instalación de novas edificacións, sendo de interese coñecer os beneficios do seu mantemento e conservación, en sintonía cas boas prácticas coa natureza en contornas urbanas*. Este tipo de sinerxias xa foron aplicadas con éxito noutros casos en Galicia, como é o caso da muralla de Lugo**, polo que se evidencia que se hai vontade polas partes a compatibilidade é posible.
*Fernández Calvo, I. C. (2019) 100 medidas para la conservación de la biodiversidad en entornos urbanos SEO/BirdLife, Madrid. En https://seo.org/wp-content/uploads/2020/02/100medidas_biodiversidad_urbana.pdf
** La Xunta hará un estudio sobre la fauna y la flora de la Muralla de Lugo (La Voz de Galicia. 25/07/2016): https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2016/07/25/xunta-hara-estudio-sobre-fauna-flora-muralla-lugo/0003_201607L25C2992.htm
Proxecto Vixías. Iniciativa coa colaboración de


Leave A Comment