Neste 2022 non nos esquecemos dos nosos compañeiros de Vimianzo, e por terceiro ano consecutivo celebraremos con eles unha nova xornada ambiental, da man dos nenos e nenas do campamento Furancho Deportivo. Desta volta levaremos a cabo unha actividade no marco da nosa iniciativa Hábitat sen lixo, que pretende a concienciación e o traballo proactivo a fin de reducir o impacto dos residuos na nosa contorna.

Abofé que será unha estupenda xornada. Vémonos pronto rapaces!