O vindeiro sábado, 18 de xullo, estaremos no Concello de Vimianzo nunha ruta para descubrir a biodiversidade do Mosquetín. Ao longo do roteiro, os participantes aprenderán cales son as especies de flora e fauna que se agochan neste espazo natural e curiosidades das mesmas. 

A xornada se desenvolverá en horario de mañá ás 11h. A asistencia é gratuita, así e todo as prazas son limitadas, sendo imprescindible a inscrición previa a través do correo electrónico: turismo@vimianzo.gal.

Para saber máis información podes consultar a través do correo electrónico do Concello de Vimianzo: turismo@vimianzo.gal; ou a través do Whatsapp: 604036617.

www.vimianzo.gal/turismo – 981 716 354 – turismo@vimianzo.gal

Agardámoste!!!