Un ano máis, os nosos compañeiros, David Dopereiro e Ismael Espasandín, amosarannos o seu traballo coa herpetofauna no concello de A Coruña, en concreto, coa víbora de seoane (Vipera seoanei). A actividade constará dunha charla no noso local social e dunha saída na zona de Feáns para poñer en valor a biodiversidade ligada ás prácticas agrarias que se levan a cabo na periferia do municipio.

A charla será o venres, 12 de abril do 2024, ás 19h, no local social do G.N.Hábitat cunha charla teórica de introdución a estes herpetos e datos interesantes, e a saída será o sábado, 13 de abril, de 10:30h a 14h, para ver de primeira man o traballo de David e Ismael en Feáns no estudo de víboras.

Tes ata o xoves, 11 de abril do 2024, ás 22h para inscribirte!!

 

Este curso ten un custo de:

  • Socios/as G.N. Hábitat:
      • Maiores de 12 anos: 5€
      • Nenos (menores de 12 anos): 3€
  • Non Socios/as G.N. Hábitat:
      • Maiores de 12 anos: 8€
      • Nenos (menores de 12 anos): 5€

O importe destas actividades irá destinado ao proxecto de estudo da poboación de víboras de Feáns. Moitas gracias por colaborar neste proxecto.

É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido. 

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!