Neste “Falando de natureza” poremos o foco naquelas especies endémicas, protexidas e/ou ameazadas detectadas nas parcelas onde está previsto construír a celulosa da multinacional portuguesa ALTRI en Palas de Rei (comarca da Ulloa). A presente charla apóiase no material compilado para as alegacións que o Grupo Naturalista Hábitat presentou por rexistro contra a futurible tubaxe que iría do encoro de Portodemouros á factoría, así como contra o proxecto de factoría en si mesma. A visión completarase coa afección desta celulosa a nivel autonómico (contaminación do aire e das augas, e aumento das plantacións de eucalipto). A conferencia será impartida polo noso compañeiro Cosme Damián Romay Cousido, biólogo e membro do G. N. Hábitat. Avezado naturalista e conocedor da biodiversidade galega, leva anos participando en diversas accións no eido da denuncia ambiental a prol da conservación do  patrimonio natural galego.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro venres 19 de abril, ás 20:30h, no local social do G. N. Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-). A data escollida coincide co 17º aniversario do Decreto 88/2007, polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Para a asistencia e participación presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Agradécese a asistencia do público no local, xa que contaremos coa presenza do relator na xornada. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar libremente ao directo a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen recibidas.

Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

 

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!