Continuamos ca VIII promoción de Escola de Naturalistas. Este terceiro bloque estará dedicado á mastozooloxía, coa charla “Introdución á mastozooloxía” e a súa correspondente saída de campo. Afondaremos no esquivo mundo dos mamíferos, aprenderemos a diferenciar e recoñecer as especies mais representativas, coñeceremos os recursos necesarios para iniciarse neste eido e familiarizarémonos coas  técnicas de estudo e o recoñecemento de indicios no medio natural.

Este bloque de contidos virá impartido polo compañeiro:

Andrés Pereira:

Biólogo e naturalista. Centrou as súas investigacións neste grupo faunístico analizando as poboacións de mamíferos semiacuáticos (lontra –Lutra lutra– e rata de auga –Arvicola sapidus-) no Parque Natural de Arribes del Duero, grazas ao cal adquiriu o Diploma de Estudos Avanzados e a súa Suficiencia Investigadora nos estudos de Doutorado.

Vémonos na Escola compañeiros!