Esta semana celebramos o Día das Aves cun completo programa de actividades, entre as que destacan as VII Xornadas sobre Ornitoloxía na Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, que inclúen unha charla formativa sobre ornitoloxía o venres, 3 de outubro de 2025, e a xa case mítica XII Maratón da Reserva, o domingo, 5 de outubro.

Coñecerás os mellores lugares para a observación de aves dentro da Reserva, aprenderás a diferencialas e gozarás de dúas xornadas cheas de emocións, aprendizaxe e aves, moitas aves.

As actividades son de balde e abertas a todo o público. Non é necesario contar con coñecementos previos, só ganas de aprender, de saír ao campo e de pasalo ben. Cada xornada contará coa presenza de ornitólogos e ornitólogas con ampla experiencia para que a actividade sexa o máis enriquecedora posible.

Na primeira xornada, o venres, 3 de outubro do 2025, ás 20:30h e través dunha xornada formativa ONLINE, iniciarémonos na ornitoloxía cunha sesión formativa na que aprenderemos a identificar as especies máis representativas da nosa contorna. Ademais, coñeceremos o uso de prismáticos, telescopios e outros materiais empregados no traballo de campo, así como trucos e anécdotas de expertos con moitos anos de experiencia.

Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

 

E na segunda xornada, o domingo, 5 de outubro, saímos ao campo! Que mellor maneira de poñer en práctica os nosos coñecementos poñendoos a proba. Saímos ao campo na procura do maior número de especies de aves na XII maratón da Reserva de Biosfera MCeTM. Tes desde as 00h ata as 18h para ver todas as aves que poidas para intentar ser o equipo gañador deste ano 2025!! O reconto de puntos será na Sede da Reserva de Biosfera MCeTM en Abegondo. 

(O horario da maratón abrangue todo o período dispoñible para a observación; cada equipo pode decidir aproveitar todas as horas ou só unha parte).

Nas seguintes ligazóns podes acceder a toda a información relativa a esta segunda actividade. É importante que leas detidamente as bases de participación na maratón, nelas están explicadas polo miúdo as normas e requisitos para o bo desenvolvemento da xornada.

 

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. O feito de cubrir o formulario non garante a praza ata recibir confirmación por correo electrónico por parte de G.N. Hábitat.

Todos os participantes confirmados estarán cubertos cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante a actividade e recibirán toda a información necesaria para o correcto desenvolvemento da mesma.

Prégase compromiso e seriedade. Se unha vez confirmada a praza non puideras asistir, infórmanos canto antes para liberar a praza e que outra persoa poida participar.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Os que o proban, sempre repíten! Anímate e participa!