Esta fin de semana celébrase o Día das Aves 2025. Este sábado, 4 de outubro do 2025, teremos varias actividades para achegarnos as aves.

Anelamento Científico de aves

Acompañaremos ao Grupo de anelamento Hércules de 09h a 12:30h nunha xornada de anelamento científico de aves no Estuario do Anllóns, en Ponteceso. Unha oportunidade única para poder ver de preto o impagable traballo que levan a cabo os nosos grupos de anelamento para aumentar o coñecemento sobre as aves que nos rodean.

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación (10 prazas).

    • Socios/as G.N. Hábitat:
      • Adultos (maiores de 14 anos): 10€
      • Nenos (menores de 14 anos): 5€
    • Non Socios/as G.N. Hábitat:
      • Adultos (maiores de 14 anos): 15€
      • Nenos (menores de 14 anos): 8€

Observación de aves

Este sábado tamén realizaremos, de 10:30h a 13:30h, varias xornadas de OBSERVACIÓN E INICIACIÓN ÁS AVES en diferentes localizacións:

  • Ría de Betanzos.
  • Encoro de Abegondo-Cecebre.
  • Los Rosales – A Coruña.

Estas actividades serán guiadas por ornitólogos/as voluntarios/as do G.N. Hábitat.

    • Socios/as G.N. Hábitat:
      • Adultos (maiores de 14 anos): 5€
      • Nenos (menores de 14 anos): 3€
    • Non Socios/as G.N. Hábitat:
      • Adultos (maiores de 14 anos): 8€
      • Nenos (menores de 14 anos): 5€

Para poder asistir a estas actividades tes que inscribirte neste formulario:

 

Tes ata o venres, 3 de outubro, para inscribirte!!!

No correo de reserva de praza recibirás as instrucións para realizar o abono.

O importe destas actividades van dirixidas á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa

É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido. 

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!