Este mércores,  1 de outubro, da man do alumnado e docentes do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma, retomamos a nosa iniciativa “Hábitat sen EEI” para continuar coas tarefas de retirada de especies invasoras. Desta volta seguiremos traballando na recuperación da comunidade vexetal nativa do Espazo Natural de Interese Local Torre de Hércules, cunha xornada máis de eliminación da uña de gato (Carpobrotus spp.).

Grazas de novo pola vosa implicación, rapaces!