Continuamos coa VII promoción de Escola de Naturalistas. Este oitavo bloque estará adicado ao Anelamento científico de aves”, e constará dunha sesión práctica no campo na que poderemos observar como traballan os nosos compañeiros do Grupo Phylloscopus.

Con eles afondaremos no coñecemento das aves da nosa contorna mediante esta técnica de estudo, a cal levan desenrolado dende hai varias décadas. Asistiremos a unha xornada de anelamento da man dos nosos compañeiros, na que poderemos observar de preto o gran traballo que ano tras ano levan a cabo.

Vémonos na Escola compañeiros!