Continuamos coa VII promoción de Escola de Naturalistas. Este sexto bloque estará adicado á herpetoloxía, coa charla “Introdución á Herpetoloxía” e a súa correspondente saída de campo.

Nel iniciarémonos no coñecemento dos reptís e anfibios galegos, aprendendo sobre a súa bioloxía e a recoñecelos no medio natural.

Este bloque de contidos virá impartido polo compañeiro e Presidente do G.N.Hábitat:

Ricardo Ferreiro:

Biólogo, docente e naturalista experto neste grupo faunístico, ao cal dedicou a súa tese de licenciatura –Ecología reproductora del lución (Anguis fragilis Linnaeus, 1758: Sauria: Anguidae.) en el noroeste de la Península Ibérica-, sendo ademáis autor e coautor de multitude de notas e artigos científicos neste campo.

Vémonos na Escola compañeiros!