Nova xornada e novo éxito de asistencia da iniciativa Hábitat Protexe. Desta volta case 30 persoas acompañamos a Xabier Prieto Espiñeira pola contorna da lagoa da Frouxeira onde puidemos gozar das súas explicacións e das observacións dalgúns dos seus habitantes, mazaricos, biluricos, patos frisados, galiñolas, entre outras moitas, foron as nosas compañeiras nun roteiro no que, grazas a Xabier, puidemos descubrir a riqueza faunística que aínda atesoura este espazo.

A achega económica pola asistencia, que se destinará integramente á Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), a que conta hoxe en día con múltiples acordos na xeografía galega, valéndose sempre da custodia do territorio como ferramenta para a conservación e recuperación do patrimonio natural, permitiralle  protexer case que 400m2 máis de bosque autóctono a partir deste intre.

Agradecer a Xabier o seu tempo e sabedoría compartida na xornada e invitarvos a todos a seguir o seu magnífico blogue Bichos e demais familia.

Animádevos tamén a participar coa AGCT nas súas saídas divulgativas e nas súas xornadas de voluntariado ambiental, colaborando así dunha forma máis activa con eles.

Vémonos na seguinte xornada de Hábitat Protexe para seguir axudando á conservación do noso!!