O vindeiro domingo 28 de abril do 2019, de 10 a 13h, aproveitando a boa previsión meteorolóxica, tes unha nova cita con Hábitat Protexe! Nesta ocasión visitaremos un enclave natural privilexiado, a lagoa da Frouxeira (Valdoviño – A Coruña), da man de Xabier Prieto Espiñeira, avezado naturalista e coñecedor en profundidade da biodiversidade presente nesta contorna. Autor do blogue “Bichos e demais familia”, Xabier axudaranos a descubrir os segredos que agocha unha das zonas húmidas máis salientables do noroeste peninsular.

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir é imprescindible a inscrición a través do seguinte formulario:

Acceso ao formulario de inscrición

 

Tes ata o xoves 25 de abril ás 14h para anotarte!

Logo, no correo de confirmación recibirás as instrucións para realizar o abono:

  • Soci@s do G.N. Hábitat: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
  • Nenos: (menores de 14 anos): 3€
  • Adultos: (maiores de 14 anos): 5€

Se quixeses aportar máis á entidade coa que participamos nesta actividade, será moi ben recibido, axudarás a protexer o noso patrimonio natural.

O recadado destinarase integramente á entidade de custodia: Asociación Galega de Custodia do Territorio, constituída en Rábade (Lugo) e que conta hoxe día con múltiples acordos na xeografía galega, valéndose sempre da custodia do territorio como ferramenta para a conservación e recuperación do patrimonio natural.

É importante que lembres que para asistir a esta actividade é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!