Continuamos coa VII promoción de Escola de Naturalistas. Este quinto bloque estará adicado á flora, coa charla “Introdución á Botánica” e a súa correspondente saída de campo.
Nel iniciarémonos no coñecemento florístico de espazos significativos, dende o punto de vista botánico, da nosa contorna.
Este bloque de contidos virá impartido por dous compañeiros do G.N.Hábitat:
Manuel Pimentel:
Biólogo e profesor-doutor do departamento de botánica da Universidade da Coruña, onde imparte as materias de Criptogamia e Fanerogamia. Manuel é investigador en filoxenia e evolución de plantas vasculares, especializado en gramíneas e orquídeas.
Adán Gonçalves:
Biólogo, profesor de ciencias na educación secundaria e vogal do G.N. Hábitat. A súa tese de licenciatura versou sobre as relacións ecolóxicas entre o salgueiro e os insectos formadores de bugallos. Adán é colaborador habitual do grupo especialmente no eido da botánica
Vémonos na Escola compañeiros!

Leave A Comment